Denominación
XUNTAS
Contidos
- Utilización do teléfono móbil. Conferencias en liña, chats, chamadas e xestións.
- O mundo emocional: que son as emocións, como nos afectan, para que serven, como podemos convivir con elas e aprender delas, etc.
- Autoestima, autocoñecemento e autocoidado emocional.
- Perspectiva de xénero. Deconstrución de estereotipos de xénero. Debate sobre o papel da muller na sociedade.
- Como coidarme? Diferentes técnicas de autocoidado.
- Crenzas limitantes sobre nós mesmas e o mundo que nos rodea.
- A onde nos leva a queixa? Beneficios de compartir.
- A importancia da relaxación e o exercicio físico.
- Que é o estrés e a ansiedade e como nos afecta.
- Mitos sobre a felicidade. Paz interior.
- Cambio de perspectiva sobre as situacións que nos rodean.
- Cales son os nosos soños? E os nosos talentos?
- Que achegamos ao mundo e á xente que queremos?
- Meditación e mindfulness, traballando a atención.
- O cambio, a actitude e a toma de decisións.
- A nosa relación coa dor.
- Kit de vida saudable: exercicio, alimentación, benestar emocional e compañía.
Obxecto
Acadar un maior benestar bio-psico-social e aprender o necesario para mantelo de xeito autónomo.
- Crear unha rede social de apoio.
- Crear un espazo de aprendizaxe emocional como forma de acadar un maior benestar físico e psíquico.
- Dotar as persoas beneficiarias de ferramentas para o autocoidado emocional e o cambio de perspectiva sobre as diferentes situacións que se poden presentar na vida.
- Facilitarlles ás persoas beneficiarias un espazo distendido onde divertirse, compartir, facer novas amizades e probar novas actividades sempre na busca do seu benestar psicosocial.
- Facilitar un tempo de desconexión da rutina diaria onde lograr conectar con outras persoas e outras circunstancias que axude a renovar a enerxía vital e a acadar unha visión máis positiva sobre si mesmas.
Datas
Xaneiro-xuñoLugar
Centro Comunitario "Manuela Pérez Sequeiros", Centros cívicos sociaisHorario
Grupo 1: martes de 10:00 a 12:00 h., Grupo 2: martes de 16:00 a 18:00h.Persoas destinatarias
Mulleres maiores de 50 anos con doenzas psicosomáticas-depresión-ansiedade cunha rede de apoio social escasaUnidade tramitadora
Servizo sociocomunitarioMáis información
Se desexas participar na actividade, preme no seguinte botón para acceder á sede electrónica e información complementaria: