A web buscoactividade.naron.es é un espazo no que atoparás diferentes actividades do Concello de Narón. Para axudarte temos o buscador de actividade para buscar por denominación ou os diferentes filtros a través dos que poderás atopar distintas informacións.

Podes buscar a actividade que desexes introducindo o nome da mesma ou palabras similares, pero tamén podes buscar actividades que poidas realizar polas mañás, polas tardes, dirixidas a colectivos específicos, seleccionar a túa idade ou ver as actividades que se fan no teu barrio.