Denominación

Obradoiro de coro “Peque Solidarium”

Contidos

Os obradoiros de coro ”Peque Solidarium” enmárcanse dentro de PROMEDEX (Programa municipal de educación extraescolar) do Concello de Narón. Son actividades educativas, de dinamización de grupos favorecendo o intercambio, a participación e a cooperación social.

Os contidos a impartir nos obradoiros, son os seguintes:

  • A voz e o corpo como medio de expresión.
  • Posición corporal adecuada e relaxación.
  • Técnica vocal: emisión, articulación e entoación.
  • Elementos básicos da linguaxe musical.
  • Repertorio de cancións.
  • Traballo en equipo baseado no respecto e na cooperación.
  • Compromiso cara a un traballo continuado e participativo.

Obxecto

  • Influír na formación musical das persoas asistentes ás actividades, fomentando a educación permanente destes.
  • Promover a formación vogal dos/as participantes.
  • Descubrir e valorar o instrumento musical que levamos con nós: a voz, vivenciando e explorando todas as súas posibilidades técnicas e expresivas así como desfrutando do pracer de cantar.
  • Adquirir, coa práctica de exercicios, algúns coñecementos elementais da técnica vocal.
  • Experimentar e transmitir emocións a través do canto.
  • Explorar e utilizar adecuadamente os recursos expresivos do corpo no canto.
  • Aprender un repertorio de cancións variado: populares, en diferentes idiomas, de distintas culturas… a unha e varias voces.
  • Desfrutar coa realización de ensaios e actuacións, aprendendo con cada un de eles valores como o respecto mutuo, a cooperación entre iguais ou a non discriminación.
  • Axudar na formación integral das persoas.

Datas

Lugar

Horario

,

Persoas destinatarias

Unidade tramitadora

Máis información

Se desexas participar na actividade, preme no seguinte botón para acceder á sede electrónica e información complementaria: