Denominación
Escolas de familia
Contidos
As “Escolas de familia”, enmárcase dentro de PROMEDEX (Programa Municipal de Educación Extraescolar) do Concello de Narón. É un recurso dirixido ás familias.
Os contidos a impartir relaciónanse con 4 grandes bloques temáticos:
- Acompañamento e coaching familiar: Autocoñecemento e cambio de perspectiva, meditación e xestión do estrés
- Día a día: aprenderemos a establecer normas e limites de forma respectuosa, estilos de paternidade/maternidade, coñecemento de fases das etapas evolutivas, técnicas e métodos para rutinas diarias e como regular emocións, rabechas, etc.
- Estratexias para crear lazos afectivos: posta en prácticas de disciplina positiva, autoestima, comunicación efectiva, xogos de empatía e control emocional, etc.
- Temas a debate: acoso escolar, como falar da afectividade e a sexualidade, novas tecnoloxías, trauma e duelo, medos infantís… Cada mes elíxese unha temática a tratar.
En canto aos contidos e temáticas para familias das escolas infantís, abordaranse os seguintes:
- As etapas evolutivas do/a neno/a
- A crianza respectuosa
- Apego e afectos
- Diferentes ritmos e necesidades
- Autonomía
- Alimentación e sono
- Xestión das emocións.
- Xogos e xoguetes e educación en igualdade.
Obxecto
Analizar as principais inquedanzas educativas coas que se atopan os diferentes membros da familia, á hora de educar aos/ás seus/súas fillos/as, proporcionándolles ferramentas educativas, que lles permitan afrontar tales dificultades dunha maneira crítica e responsable.
Datas
Outubro-xuñoLugar
Centros cívico sociais ( familias con nenos/as escolarizados/as en centros de ensino de Narón) e escola infantil municipal da Solaina ( para as familias das escolas infantís de Narón)
Centros cívicos sociais, Escola Municipal A SolainaHorario
Un día á semana/grupo en horario de mañá ou tarde. As sesións serán de 2 horas de duraciónPersoas destinatarias
Familias interesadas que teñan fillos/as escolarizados/as en centros de ensino de Narón (infantil, primaria e secundaria), así como nas escolas infantís de Narón.
Terán preferencia as familias con nenos/as escolarizados/as en centros educativos públicos.
Unidade tramitadora
Servizo sociocomunitarioMáis información
Se desexas participar na actividade, preme no seguinte botón para acceder á sede electrónica e información complementaria: