Denominación
IMPÚLSATE
Contidos
- Apoio escolar
- Activación saudable
- Actividades de lecer e tempo libre
- Educación e habilidades sociais
- Apoio, orientación e intervención familiar
Obxecto
Apoiar o desenvolvemento de actividades educativas dirixidas a menores e adolescentes de familias en situación de exclusión social ou en riso de padecela.
Datas
Xaneiro-maioInstalacións
Casa da mocidadeLugar
Casa da Mocidade da GándaraHorario
Cada grupo asistirá un día (2 horas) nos horarios seguintes:
Grupo 1: mércores de 16:00-18:00 h, Grupo 2: mércores de 18:00-20:00 hPersoas destinatarias
Alumnado de centros educativos de Narón cursando ESO ou FPBI derivados polo Servizo Sociocomunitario do Concello de NarónTaxa
De balde
Unidade tramitadora
Servizo sociocomunitarioPrazo e lugar da solicitude
As solicitudes poderán presentarse no rexistro municipal.
O prazo de presentación de solicitudes abrirase o día 20 de setembro ata esgotar prazas.
Forma de selección das persoas participantes
Derivación a través do servizo Sociocomunitario
Observacións
- O Concello reservase a posibilidade de anular esta actividade, no caso de que non se cubra o 60% da participación
- O alumnado seleccionado, será informado telefonicamente da súa admisión.
- O alumnado terá que comprometerse a cumprir as normas do curso.
- Deberase indicar na solicitude, o centro de ensino no que se está matriculado.
- A inscrición nesta actividade supón a asistencia á mesma as horas e o día que se estableza.
- Darase de baixa de oficio da praza obtida, se non se cumpren cos requisitos establecidos especificados nos puntos anteriores.
- Antes de comezar a actividade e unha vez comprobada a praza pola familia, se non estiveran interesadas na mesma, deben comunicar a súa renuncia por escrito no rexistro municipal, ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos nos artigos 14.1 e 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica do Concello de Narón. Dita baixa, será efectiva a partir do mes seguinte da súa presentación.
Documentación a presentar coa solicitude
- Anexo II: Autorizacións
- DNI da persoa que vai participar na actividade
- Informe educativo ou social
Información
Concello de Narón
Servizo Sociocomunitario
Praza de Galicia S/N
15570 Narón
981 337700 ext 1111/1108/1109