Denominación
Obradoiros de iniciación á lingua inglesa para alumnado de educación primaria
Contidos
Os obradoiros de iniciación á lingua inglesa, enmárcase dentro de PROMEDEX (Programa Municipal de Educación Extraescolar) do Concello de Narón.
Os contidos a tratar nos obradoiros, son os seguintes:
- Contar elementos e preguntar cuantos hai.
- Identificación e descrición de animais, persoas, obxectos, paisaxes etc.
- Rexeitar ou aceptar suxestións, ofrecementos.
- Poder contar as actividades que un sabe facer e cales son as súas actividades preferidas.
- Localizar elementos co uso de preposicións.
- Identificar e presentar persoas.
- Saber dar datos persoais e presentarse .
- Vocabulario relacionado con lecer e tempo libre, comida, roupa, tendas, profesións etc.
- Tomar parte nunha conversación comunicando tarefas simples e habituais.
- Pedir e dar información simple sobre temas e actividades familiares.
- Utilizar unha serie de frases e expresións para describir de forma sinxela á súa familia e -compañeiros de clase e a súa contorna próxima.
- Describir de maneira sinxela as actividades e rutinas diarias que realiza.
Obxecto
No obradoiro, o alumnado de primaria aprenderá a desenvolver conceptos en relación coa gramática, o vocabulario e a comprensión lectora.
Datas
Outubro-maioLugar
Casa da Mocidade da GándaraPersoas destinatarias
Menores cursando educación primaria de 6 a 11 anosUnidade tramitadora
Servizo sociocomunitarioMáis información
Se desexas participar na actividade, preme no seguinte botón para acceder á sede electrónica e información complementaria: