Denominación

NOVOS VALORES

Contidos

  • Reforzo de contidos académicos
  • Interiorización de normas, límites, habilidades sociais
  • Ocio e hábitos saudables.
  • Educación para a igualdade
  • Educación afectivo-sexual.
  • Educación na diversidade

Obxecto

Apoiar o desenvolvemento de actividades educativas dirixidas a menores e adolescentes de familias en situación de exclusión social ou en riso de padecela.

Datas

Instalacións

Lugar

Horario

Cada grupo asistirá un día (2 horas) nos horarios seguintes:

,

Persoas destinatarias

Taxa

De balde

Unidade tramitadora

Prazo e lugar da solicitude

As solicitudes poderán presentarse no rexistro municipal.

O prazo de presentación de solicitudes abrirase o día 20 de setembro ata esgotar prazas.

Forma de selección das persoas participantes

Derivación a través do servizo Sociocomunitario

Observacións

  • O Concello reservase a posibilidade de anular esta actividade, no caso de que non se cubra o 60% da participación
  • O alumnado seleccionado, será informado telefonicamente da súa admisión.
  • O alumnado terá que comprometerse a cumprir as normas do curso.
  • Deberase indicar na solicitude, o centro de ensino no que se está matriculado.
  • A inscrición nesta actividade supón a asistencia á mesma as horas e o día que se estableza.
  • Darase de baixa de oficio da praza obtida, se non se cumpren cos requisitos establecidos especificados nos puntos anteriores.
  • Antes de comezar a actividade e unha vez comprobada a praza pola familia, se non estiveran interesadas na mesma, deben comunicar a súa renuncia por escrito no rexistro municipal, ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos nos artigos 14.1 e 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica do Concello de Narón. Dita baixa, será efectiva a partir do mes seguinte da súa presentación.

Documentación a presentar coa solicitude

  • Anexo II: Autorizacións
  • DNI da persoa que vai participar na actividade
  • Informe educativo ou social

Información

Concello de Narón

Servizo Sociocomunitario

Praza de Galicia S/N

15570 Narón

981 337700 ext 1111/1108/1109