Denominación

Obradoiro de coro da Capo

Contidos

  • Para o cumprimento dos obxectivos programarase a formación en base aos seguintes contidos formativos:
  • A respiración
  • A proxección do son
  • Rutina de quecemento vocal
  • Técnicas de rehabilitación vocal
  • Cantar en grupo con distintas harmonías
  • Hixiene vocal
  • Diferenciación de estilos e a súa técnica
  • Impostación vocal
  • Mellorar o uso e o rendemento da propia voz
  • Coñecemento do instrumento vocal para o seu correcto desenvolvemento en escena
  • Vocalización e dicción
  • Técnicas de relaxación
  • Exercicios de técnica vocal especializados en diferentes métodos

Obxecto

Os obxectivos desta actividade son os seguintes:

-Realizar un reforzo educativo da ensinanza que se ofrece nos centros públicos propoñendo a integración das actividades que se realizan despois do horario escolar nos Proxectos educativos dos Centros
-Adquirir a técnica vocal (respiración, colocación, proxección, correcta posición corporal)
-Adquirir unha rutina vocal de quecemento para sacar o mellor partido a nosa voz.
-Controlar a respiración coordinándoa coa fonación.
-Conseguir un control do diafragma para unha correcta emisión da voz.
-Establecer unha rutina de quecemento vocal.
-Traballar a impostación vocal, para conseguir o maior rendemento fonatorio, utilizando de forma natural os resoadores naturais que propagan a son.
-Posuír un autocontrol sobre a voz, interiorizalo e automatizalo, para evitar reincidir en erros previos ou vicios.
-Concienciar do propio instrumento vocal e a súa clasificación cara unha elección correcta do repertorio do cantante.
-Aprender a disciplina do canto en grupo, desinhibición, harmonías, dúos, empaste de voces.
-Traballar con diferentes harmonías e estilos musicais.
-Controlar as tensións que nos entorpecen a correcta emisión da voz e crear consciencia do noso corpo ao cantar.

Datas

Lugar

Horario

Persoas destinatarias

Taxa

8,15€/mes (tarifa 1ª da Ordenanza fiscal nº 15 reguladora da taxa polos servizos prestados polo Servizo Sociocomunitario)

Unidade tramitadora

Máis información

Se desexas participar na actividade, preme no seguinte botón para acceder á sede electrónica e información complementaria: