Denominación
Obradoiro de robótica educativa para adolescentes, alumnado de 12 a 14 anos.
Contidos
Trátase dun obradoiro de robótica educativa que presenta a tecnoloxía aos nenos e nenas dunha forma lúdica, onde a aprendizaxe se realiza a través do xogo.
É unha actividade innovadora e divertida deseñada para desenvolver as competencias e habilidades precisas para afrontar os desafíos do século XXI.
Algúns dos contidos a desenvolver, serán os seguintes:
- Construción e programación de robots utilizando sistemas de Lego Wedo 2.0 e SPIKE PRIME.
- Comprender o funcionamento dun ordenador. Sistema binario e linguaxes de programación. Máquina de Turing
- Aprender conceptos básicos de programación por bloques utilizando programas como: Scratch, Lego Wedo 2.0,Lego SPIKE PRIME, Lego EV3 Mindstorms e e Makecode de Microsoft.
- Crear videoxogos en 2D utilizando a plataforma Arcade/Makecode de Microsoft
- Programar drons intelixentes Parrot Mambo para que realicen tarefas sinxelas utilizando a programa por bloques Tynker
Obxecto
- Posibilitar unha aproximación á robótica e á programación dunha maneira lúdica.
- Fomentar no alumnado a adquisición de habilidades fundamentais para o seu desenvolvemento persoal: creatividade, resolución de problemas, cooperación, traballo en equipo, autoconfianza, razoamento lóxico, analítico, pensamento crítico, etc.
Datas
Outubro-maioLugar
Casa da Mocidade da GándaraHorario
Luns de 16:30 a 18:00 hPersoas destinatarias
Nenos/as con idades comprendidas entre 12 e 14 anosUnidade tramitadora
Servizo sociocomunitarioMáis información
Se desexas participar na actividade, preme no seguinte botón para acceder á sede electrónica e información complementaria: