Denominación

Obradoiros de robótica educativa para infancia

Contidos

Trátase dun obradoiro de robótica educativa que presenta a tecnoloxía aos nenos e nenas dunha forma lúdica, onde a aprendizaxe se realiza a través do xogo.
É unha actividade innovadora e divertida deseñada para desenvolver as competencias e habilidades precisas para afrontar os desafíos do século XXI.
Os contidos a desenvolver, serán os seguintes:

  • Aprender conceptos básicos de programación por bloques utilizando programas como: Scratch Junior, Lego Wedo 2.o e Makecode de Microsoft.
  • Crear videoxogos en 2D utilizando a plataforma Arcade/Makecode de Microsoft
  • Programar drons intelixentes Parrot Mambo para que realicen tarefas sinxelas utilizando a programa por bloques Tynker.
  • Comprender o funcionamento dun ordenador. Sistema binario e linguaxes de programación.
  • Coñecer o funcionamento dos circuítos eléctricos. Realizar proxectos de reciclaxe utilizando materiais de refugallo mesturándoos con placas programables como Playgroundexpress.
  • Construcción e programación dun robot con Lego Wedo 2.0 interpretando planos.

Obxecto

  • Realizar un reforzo educativo da ensinanza que se ofrece nos centros públicos propoñendo a integración das actividades que se realizan despois do horario escolar nos Proxectos educativos dos Centros.
  • Posibilitar unha aproximación á robótica e á programación dunha maneira lúdica.
  • Fomentar no alumnado a adquisición de habilidades fundamentais para o seu desenvolvemento persoal: creatividade, resolución de problemas, cooperación, traballo en equipo, autoconfianza, razoamento lóxico, analítico, pensamento crítico, etc.

Datas

Lugar

Horario

,

Persoas destinatarias

,

Taxa

8,15€/mes (tarifa 1ª da Ordenanza fiscal nº 15 reguladora da taxa polos servizos prestados polo Servizo Sociocomunitario)

Unidade tramitadora

Máis información

Se desexas participar na actividade, preme no seguinte botón para acceder á sede electrónica e información complementaria: