Denominación
Obradoiro de supervivencia doméstica.
Contidos
Analizar o proceso de distribución e consenso en torno o traballo e a vida familiar que se leva a cabo nas familias na nosa sociedade actual.
Profundizar no concepto de coeducación para garantir fogares libres de desigualdades e estereotipos de xénero.
Que o alumnado feminino adquira habilidades e coñecementos básicos de bricolaxe, electricidade e fontanería e o alumnado masculino habilidades de cociña, limpeza e organización doméstica que lles permitan desenvolverse de forma autónoma e corresponsable no eido doméstico.
Obxecto
A corresponsabilidade domestica é necesaria para acadar a igualdade completa no eido educativo formal, informal e familiar, posto que non cabe falar de igualdade real mentres a muller continúe a desempeñar unha dobre ou tripla xornada que obrigue a renunciar ao seu tempo de lecer. Por esta razón é importante reforzar o papel educativo que ten a familia e o profesorado na transmisión dos estereotipos de xénero.
Datas
Outubro-maioInstalacións
Centros cívicos-sociais, Locais municipaisLugar
Centros cívicos sociais, Instalación municipalHorario
2 horas en horario de tarde
Persoas destinatarias
Dirixido a familias e profesorado de centros de ensino de Narón.Unidade tramitadora
Servizo sociocomunitarioMáis información
Se desexas participar na actividade, preme no seguinte botón para acceder á sede electrónica e información complementaria: